QUE É A DEMENCIA?

 

A demencia non é unha enfermidade en sí, senón un síndrome (conxunto de signos e síntomas) producido por unha alteración cerebral que provoca a perda de capacidades cognitivas da persoa afectada tales como a memoria, linguaxe, cálculo, orientación, comprensión e razoamento. 

A demencia aparece normalmente acompañada de alteracións do estado de ánimo e da conduta que xeran unha merma na autonomía da persoa que a sofre e, como conseguinte, dependencia de terceiras persoas que tamén se ven afectadas polo impacto desta a nivel físico, psicolóxico, social e económico.

A demencia está causada por varias enfermidades e lesións cerebrais que poden ser de carácter primario (descoñécese a causa) ou secundario. A principal causa de demencia é a enfermidade de Alzhéimer, seguida da Demencia Vascular, a Demencia Fronto-Temporal e a Demencia por Corpos de Lewy. 

 

ALZHEIMER

 

       O Alzheimer é unha demencia primaria da que se descoñece a súa orixe, dexenerativa e progresiva. 

.    Esta enfermiadde caracterízase pola morte progresiva das neuronas . Esta perda vaise desenvolver de maneira moi lenta ao principio da enfermidade e por iso os primeiros síntomas poden pasar desapercibidos tanto para os familiares coma para a propia persoa. Co paso do tempo, a enfermidade  vai evolucionar máis rápido e van ser máis evidentes os cambios que está sufrindo a persoa que, pouco a pouco, vai ir perdendo a capacidade de coidar de si mesma. 

 

FASES: LEVE, MODERADA E SEVERA

 

DEMENCIA VASCULAR 

DEMENCIA FRONTO-TEMPORAL

DEMENCIA POR CORPOS DE LEWY

SUBIR